InicioCulturaO Festival de Cinema de Bueu abordará as curtas do cinema español...

O Festival de Cinema de Bueu abordará as curtas do cinema español entre 1947 e 1976

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os curtos do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas e da Escola Oficial de Cinematografía protagonizan o Festival Internacional de Cinema de Bueu, segundo informa a organización.

En 2019, o festival inaugurou a sección retrospectiva, “un apartado dedicado aos fitos máis importantes da historia do cinema en formato curta a través das súas obras”. Froito do traballo de documentación posto en marcha para crear esta categoría, naceu o proxecto ‘Cadernos FICBUEU’, publicacións recompilatorias paralelas ao contido da sección.

Agora, explica a organización, poñerase o foco en España, “analizando as pezas realizadas no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas e na Escola Oficial de Cinematografía durante o período que abarca os anos de 1947 ata 1976″, considerado un dos xermes do cinema español actual”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...