InicioO FIC de Bueu premia ao actor Miguel de Lira

O FIC de Bueu premia ao actor Miguel de Lira

Recibirá o galardón Cinema Galego nesta XV edición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O actor coruñés Miguel de Lira recibirá o premio Cinema Galego na XV edición do FICBUEU, que terá lugar entre o 11 e o 17 de setembro. Este galardón recoñece cada ano a traxectoria na industria audiovisual galega de profesionais do sector, como é o caso de Alfonso Agra, Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luís Zahera ou Melania Cruz, que o recibiron en anteriores edicións.

De Miguel de Lira, o FICBUEU destaca o seu “extenso percorrido profesional”, que deu comezo durante os seus estudos universitarios, cando entra en contacto co mundo teatral e convértese en miembrofundador do grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro en 2014, no que traballa como director, actor e produtor desde 1986.

Tres anos despois daría o salto á pequena e á gran pantalla, debutando na TVG no programa de humor ‘Velaí’ e no cinema coa película ‘Urxa’. Entre as dúas pantallas foi desenvolvendo gran parte da súa extensa carreira, participando en series como ‘Mareas Vivas’, ‘Pepe o inglés’, ‘Los hombres de Paco’ ou ‘Matadero’, e en filmes como ‘Entre bateas’, ‘Crebinsky’ ou ‘Eroski Paraíso’, a cal tamén interpretou en teatro.

No ámbito do cinema, participou en gran cantidade de curtametraxes e en máis de vinte longametraxes, sendo os máis recentes e destacados ‘Cuñados’ de Toño López, ‘Ons’ de Alfonso Zarauza, ‘Dhogs’ de Andrés Goteira ou ‘A Esmorga’ de Ignacio Vilar.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...