InicioCulturaAs entradas do concerto de Muse en Vigo sairán á venda este...

As entradas do concerto de Muse en Vigo sairán á venda este venres por un prezo de 65 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

As entradas do concerto do grupo británico Muse, que actuará o próximo 8 de setembro en Vigo, sairán á venda este venres, día 29 de xullo, por un prezo de 65 euros, segundo anunciou a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias.

Así, a Xunta presentou este mércores os detalles da actuación, que se enmarca dentro da celebración do Xacobeo 21-22 e que levará a cabo no Estado Municipal de Balaídos, polo que os socios do Real Club Celta de Vigo poderán acceder á preventa este xoves con motivo do centenario do club.

Acompañada pola director da área de Negocio do Celta, Carlos Caos, e polo responsable da produtora Zircozine, Farruco Castromán, a representante autonómica informou de que os teloneiros serán os ingleses Years&Years e os vigueses The Killer Barbies, liderados por Silvia Superstar.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...