InicioCulturaSete ilustradores pontevedreses participan nunha mostra sobre as Rías Baixas na sede...

Sete ilustradores pontevedreses participan nunha mostra sobre as Rías Baixas na sede da Deputación en Vigo

PUBLICADO O

A exposición ‘Ilustrando Rías Baixas’, que chega o 22 de xuño a Vigo, mostrará puntos das Rías Baixas desde sete perspectivas diferentes, as de sete artistas da provincia de Pontevedra que utilizarán distintas técnicas de ilustración como acuarela, lenzo, enforma de libro ilustrado ou dixitais, ou mesmo esculturas iluminadas.

A mostra, impulsada pola Deputación de Pontevedra, poderá verse ata o 19 de agosto na Sala Rosalía de Castro da sede do Goberno provincial en Vigo. Alí, Andrea Jano, Kiko da Silva, Clara Cerviño, Carlos Castro, Eduardo Baamonde, Lara Lars e o dúo Nuvi & Éxfico, creadores de diferentes xeracións, mostrarán a súa visión sobre sendas e bosques, rutas polas cidades, espazos patrimoniais ou lugares e persoas “tan especiais como únicos”.

Segundo informa a Deputación nun comunicado, á inauguración da exposición asistirán representantes do movemento cultural e social da cidade olívica e contará ademais cunha acción artística que “mestura ilustración e narración, ‘Pincel e voz para unha illa portátil’, que ofrecerá Andrea Jano xunto á autora Silvia Penas. Para asistir á inauguración é necesario inscribirse no correoparticipa.cultura@depo.gal.

Ademais, baixo o pretexto da exposición, están previstas actividades complementarias, como a mesa redonda sobre ‘A ilustración en Galicia hoxe’, que se celebrará o 26 de xullo coa participación de Kiko da Silva, Lara Lars, Eduardo Baamonde e Nuvi & Éxfico. Haberá tamén talleres dirixidos ao público xeral durante o mes de agosto. O primeiro será o día 1, ofrecido por Carlos Castro e baixo o título ‘Urban sketching’; mentres que o segundo terá lugar o día 9 con Clara Cerviño, co título ‘Ilustrando faros’.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...