InicioVigo e contornaVigoAs salas Vigosónico reabrirán tras máis de dous anos de clausura

As salas Vigosónico reabrirán tras máis de dous anos de clausura

O regreso está marcado para o 3 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde vigués Abel Caballero anunciou en rolda de prensa a reapertura do espazo Vigosónico, que permanecía pechado desde o inicio da pandemia e que, a pesar dun primeiro anuncio de reapertura a finais de febreiro, estará finalmente dispoñible de novo a partir do 3 de maio.

O peche destas salas de ensaio provocou numerosas protestas e a creación dunha plataforma de grupos musicais da cidade, que denunciaron reiteradamente a medida, e a ausencia de alternativas. O goberno municipal xustificou no seu momento a clausura pola necesidade de adaptar as instalacións á normativa sanitaria anticovid, e agora reabriranse con cinco salas equipadas con medidores de CO2.

Segundo explicou Abel Caballero, os grupos terán de prazo ata o 1 de maio para cubrir un formulario e solicitar días e franxas horarias para ensaiar, que serán asignados por orde de inscrición. As asignacións terán unha validez de 3 meses, ao cabo dos cales, os usuarios deberán volver solicitalas e repetir o proceso.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...