InicioCulturaDenuncian que as salas de ensaio de Vigosónico seguen pechadas para os...

Denuncian que as salas de ensaio de Vigosónico seguen pechadas para os grupos

Grupos de Vigo en Loita denuncia que se abriron pero só para actividades da Fundación Paideia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As bandas de Vigo seguen sen saber nada do día de apertura nin das condicións das salas de ensaio municipais, a pesar de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse a abrir as salas de ensaio de Vigosónico o día 25 de febreiro.

Dende Grupos de Vigo en Loita, o colectivo que abrangue ás bandas de Vigo que pulan pola reapertura do espazo, xa viñan denunciando nas últimas semanas a “nula información dada polo Concello ao respecto alén de compromisos verbais e nos medios que resultaron incumpridos”.

Pórén, as instalacións de Vigosónico xa están abertas, pero non para desenvolver a función que os grupos vigueses demandaban, senón para un curso orientado a empresas dado pola Fundación Paideia de Sandra Ortega.

Por iso, Grupos de Vigo en Loita denuncia “o oportunismo do Concello, que optou por facer o curso nas instalacións de Vigosónico para responder ao clamor popular por reabrilas, pero co mesmo interese nulo en poñer a funcionar as salas de ensaio públicas que leva tendo durante a última década”. Neste sentido, lembran que o peche indefinido de Vigosónico en 2020 non foi senón a continuación de outros peches de salas de ensaio públicas, como as da Casa da Xuventude ou as de Súbete ao Castro.

Por todo isto, varios membros da plataforma de grupos vigueses trasladouse a Vigosónico o día do comezo do curso para pendurar cartaces e faixas en protesta contra o que consideran un engano ás bandas da cidade. O colectivo esixe que abran inmediatamente as salas de ensaio nas circunstancias previas ao peche, e que haxa unha información inmediata por parte do Concello tanto publicamente como persoalmente a todos os grupos usuarios, esixindo que os mesmos recuperen as condicións das que dispuñan previamente.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...