InicioCulturaKase.O, Rayden ou Arnau Griso: o Festival SonRías Baixas confirma os primeiros...

Kase.O, Rayden ou Arnau Griso: o Festival SonRías Baixas confirma os primeiros nomes

O evento terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O rapeiro zaragozano Kase.O regresará coa súa banda de jazz en agosto de 2022 ao festival SonRías Baixas de Bueu, que confirmou os primeiros nomes do cartel da súa próxima edición, previsto para o primeiro fin de semana de agosto.

O certame, consolidado como unha das citas importantes do calendario de festivais do verán galego, terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto na localidade da ría de Pontevedra.

Alí estará de novo Kase.O co seu proxecto Jazz Magnetism. O ‘emcee’ de Violadores del Verso xa foi cabeza de cartel do festival este ano 2021 coa súa banda, reunidos para conmemorar o décimo aniversario da unión do rapeiro coa batería Dani Domínguez, o guitarrista Dani Comas, o saxofonista Hugo Astudillo, ademais de Juan Pablo Balcazar e Juan Berbín.

A de Kase.O Jazz Magnetism encabeza as primeiras confirmacións do festival Sorrías Baixas, que levará a Bueu o próximo verán ao eurovisivo Rayden, Arnau Griso, Buhos, Balkan Paradise Orchestra e García MC & Nación Quilombo.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...