InicioSociedadeChega a semana do galego a Holanda, tras poñer en valor linguas...

Chega a semana do galego a Holanda, tras poñer en valor linguas minorizadas como o maltés ou o gaélico

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda), Capital da Cultura Europea de 2018, acolle a semana do galego cun amplo programa de actividades. Desde este domingo 22 ao 29 de xullo, o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas.

O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en “amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes”.

Ademais diso, aproveitarase a estadía para intercambiar experiencias de éxito e establecer contacto con outras organizacións que traballan na promoción e defensa de linguas minorizadas ou minoritarias.

As persoas que se acheguen ao Pavillón das Linguas poderán coñecer a música, literatura,  gastronomía e distintos medios de expresión de cultura das linguas minorizadas de Europa. Está aberto ao público desde marzo a outubro e semanalmente unha lingua minorizada diferente de Europa é a protagonista.

Xa estiveron presentes entre outras linguas o gaélico ou o eúscaro, e tras o maltés a quenda do galego será a última semana de xullo. A semana do galego terá como eixo a literatura con recitais poético-musicais, concertos, conferencias e obradoiros da man de María Lado.

Xornadas de lingua
Rapaces nun aula do colexio Paraixal / Miguel Nuñez

Este domingo comezou a semana do galego cun encontro cultural co maltés (o protagonista da semana anterior). Na segunda feira, 23 de xullo María Lado ofrecerá un recital de poesía co que dará a coñecer á poboación frisia algunhas escritoras e escritores da nosa literatura. Na terza feira, 24 de xullo, as persoas que se acheguen ao Pavillón das Linguas poderán escoitar unha conferencia sobre a historia da nosa literatura.

O 25 de xullo, cuarta feira, Día Nacional de Galiza, haberá unha festa onde a protagonista será a música galega. Ese mesmo día terá lugar O Café das linguas, unha actividade semanal na que María Lado ofrecerá un concerto baseado na música tradicional.

O sábado é o Día das Familias e durante todo o día haberá diferentes actividades para as crianzas frisias. María Lado, cun obradoiro de 5 minutos de poesía, fará unha aproximación á creación poética e as crianzas rematarán elaborando uns versos en galego e frisio.

A semana do galego rematará o domingo 29 de xullo. Ese mesmo o galego día daralle o relevo ao córnico e até outubro seguirán as actividades no Pavillón das Linguas.

ÚLTIMAS

Stellantis reduce a súa proposta de ERE para un máximo de 80 traballadores e o ERTE baixa de 85 a 75 días en 2025

A dirección de Stellantis Vigo fixo este venres unha nova proposta a sindicatos para os expedientes...

Caballero arremete contra Néstor Rego (BNG) por oporse á nova A-52: “Veñen a Vigo a mentir”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra o BNG e contra o deputado Néstor...

As borrascas destapan novamente o ‘bosque fósil’ da praia de Patos

A Praia de Patos (antes Praia D'Abra), en Nigrán, é famosa polo seu ambiente...

66 afectados con 25 días de indemnización por ano traballado, así é o acordo de ERE na Levantina

A filial de Levantina no Porriño, Levgranite, comunicou este xoves que alcanzou un acordo...