InicioCulturaSting actuará en Vigo o 6 de agosto de 2022

Sting actuará en Vigo o 6 de agosto de 2022

Caballero di que será "o máis importante concerto na historia do Auditorio de Castrelos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o concerto de Sting, dentro da súa xira ‘My Songs’, e que estaba previsto para o verán do ano pasado, celebrarase finalmente no Auditorio de Castrelos o 6 de agosto do próximo ano 2022.

O alcalde explicou que, ademais de suspender a súa xira en 2020, tamén se pospuxo a de 2021, por motivos sanitarios, de maneira que a actuación quedou fixada para o verán do ano próximo, no que será “o máis importante concerto na historia do Auditorio de Castrelos”.

Ademais, lembrou que o concerto será gratuíto e non haberá que pagar, agás que se queira “reservar” un sitio na zona interior do recinto, a máis próxima ao escenario. “Pero pagar 7 euros non é pagar un concerto. Se tivésemos que cobrar entrada, seguramente serían 100 euros”, apuntou.

Por outra banda, cuestionado acerca de se neste verán de 2021 haberá concertos ao aire libre en Castrelos, o alcalde sinalou que “todo dependerá da situación sanitaria”, polo que optou por “non confimar nin descartar nada”.

ÚLTIMAS

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...

Patronal e sindicatos abren en Vigo a negociación do convenio do Metal

A cidade de Vigo acolleu este martes a primeira toma de contacto da mesa...