InicioCulturaBueu foi capital da creatividade este sábado: pintura sobre pedras, sketchs, jugger,...

Bueu foi capital da creatividade este sábado: pintura sobre pedras, sketchs, jugger, surf rock e BD

PUBLICADO O

- Advertisement -

Bueu puxo en marcha este sábado a terceira edición do MozArte, un festival dirixido ao
fomento da creatividade entre as persoas máis novas. Con esta mesma filosofía naceu fai  tres anos. A Praza Massó volveu ser o escenario elixido para a mostra de diversas disciplinas das que o público gozou a partir das 11 da mañá e ata a noite.

O obxectivo desta iniciativa é impulsar a creación como forma de comunicación e que
esta sirva de “escaparate e espello para a mocidade”. Así o destacou Inmaculada
Rodríguez, encargada da organización desta programación.

O programa acolleu diversas actividades en sesión de mañá, tarde e noite. Entre as 11 e
as 13 horas, a artista pontevedresa Ana Seoane impartiu un obradoiro de
pintura sobre pedras, destinado aos rapaces e rapazas para que aprenderan arte creativa.

Ás 12.00 h, o instrumentista de percusión cubano Didier Díaz Madan dirixiriu un
pasarrúas de ecopercusión. Didier leva anos traballando coa infancia, co obxectivo de achegar os instrumentos de percusión baseándose en diversas disciplinas, como a percusión vocal e corporal e a ecolóxica, onde se traballa a conciencia sobre o medio ambiente, reciclando todo tipo de obxectos capaces de facer música.

Ás 13.00 h, o grupo Bestas Jugger Cangas fixo unha demostración deste deporte que
naceu coma un xogo a partir da película Sangue de héroes, e que consiste nunha mestura
entre rugbi e esgrima sen técnicas violentas.

Pola tarde, ás 19 horas, o ilustrador Kiko Dasilva presentou “O picoto do pai”, libro
elaborado polos estudantes de O Garaxe Hermético, unha escola de banda deseñada
dirixida por el mesmo, no que se aprende o debuxo de BD, a narrativa gráfica, a escrita
de guións, os dereitos de autor, e a aprendizaxe contable e fiscal para exercer como
autónomo especializado.

O libro, editado pola Deputación de Pontevedra, “é un bo exemplo do crecemento da banda deseñada en galego nos últimos tempos”, tal e como destacou o deputado de cultura, Xosé Leal.

A clausura da xornada correu a cargo do grupo de teatro “Se chove que chova” quen, a partires, das 21.30 horas, interpretou unha serie de sketchs humorísticos e retranqueiros.

E ás 22.30 horas o trío The Manueles fixo as delicias dos asistentes cun estilo de
música coñecida como surf rock, no que actúan o guitarrista Virxilio da Silva, o baixista
Juansi Santomé e o batería Chus Pazos.

No seu repertorio repasan o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo, Manuel Freitas, un emigrante de Beluso a California, xerme de moitos grupos do momento.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras...