InicioCulturaO Certame 'As imaxes do patrimonio', un xeito de transmitir a cultura...

O Certame ‘As imaxes do patrimonio’, un xeito de transmitir a cultura galega e portuguesa aos máis novos

A cuarta edición deste certame contará cun apartado de podcasts.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ponte…nas ondas! convoca a cuarta edición do Certame ‘As imaxes do patrimonio’, unha iniciativa que consiste en que o alumnado de centros educativos de Galicia e Portugal envíe fotografías antigas xunto cun texto explicativo.

Este ano, a novidade é a creación dun apartado para podcasts sobre as imaxes. Así, o alumnado terá a oportunidade de preguntar ás persoas relacionadas coas fotografías, familiares, veciñanza, etc. sobre as instantáneas e o seu contexto.

As categorías contemplan as diferentes etapas dos sistemas educativos de Galicia e Portugal. E a entrega dos premios deste 4º Certame terá lugar o 16 de novembro de 2021 coincidindo co Día Mundial do Patrimonio.

IMAXES COMO PATRIMONIO

O Certame, que concibe estas fotografías antigas como “un patrimonio das familias”, pretende que sexa transmitido ás novas xeracións para que teñan un coñecemento das súas orixes e do seu patrimonio.

Segundo a asociación, o patrimonio inmaterial é constituído principalmente por coñecementos, técnicas, formas de organización ou de expresión colectiva xunto coas manifestacións festivas e familiares.

Por isto, defenden que é necesaria a implicación da familias para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas. “Con estas imaxes terán acceso a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas para os máis xoves“, defenden dende a asociación.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...