“As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” busca amosar o papel destas no desenvolvemento sustentable e a conservación dos nosos mares. Por outra banda, “Faros de Galicia” é unha exposición de pinturas de Carlos Ramos Fernández, presentes no Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro 7 de xullo.
Trátase dunha mostra que recolle un total de 19 obras en acrílico sobre papel, realizados coa técnica de Copic, no que o artista quixo expor a través destes lenzos “a riqueza e beleza visual da ampla variedade de faros existentes ao longo da costa Galega”, coma o Faro de Cabo Silleiro, o Faro das Illas Cíes, o Faro de Finisterre, o Faro de Corrubedo, entre outros. Ademais tamén se inclúen varias obras de temática urbana de Madrid e Portugal.

A Exposición está organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda e se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

sustentabilidade en feminino
O sábado 30 de xuño ás 12:00h o Museo do Mar da Guarda acolle a inauguración da
Exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto
“Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao
desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares.
Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras mariñas e en
educación, de hoxe e do pasado tiveron, teñen e terán un papel determinante no uso dos
recursos mariños dun xeito responsable que garanta o seu futuro.

A través de vídeos, imaxes, entrevistas e documentación recollida por toda a xeografía
galega, este proxecto no que participan a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade
de Igualdade da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional – Campus do
Mar, coa colaboración do Museo Massó, dá voz ás mulleres que teñen o mar como medio de vida para que aporten a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación
dos océanos sustentables.
A exposición estará na Guarda do 30 de xuño ata o 31 de xullo no Museo do Mar (Porto da Guarda) en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.