InicioCulturaA cantante Zahara grava nas zonas arrasadas dos incendios de Nigrán no...

A cantante Zahara grava nas zonas arrasadas dos incendios de Nigrán no 2017 o primeiro episodio de ‘una historia, una canción’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hai grandes cancións con historias descoñecidas detrás. E tamén hai historias que por parecer pequenas moitas veces foron ignoradas. ‘Una historia, una canción’, un novo proxecto orixinal de Movistar+ tenta levar cancións a esas historias e encher de historias esas cancións.

A cantante Zahara ponse á fronte deste novo formato de catro episodios que xa se está gravando en diferentes puntos da xeografía española: Nigrán (Pontevedra), Los Alcázares (Murcia), Cuevas de Cañart (Teruel) e Úbeda (Xaén), a localidade natal de Zahara.

Cada un dos catro episodios tratará temas tan universais como locais: os desastres ecolóxicos e o cambio climático, o amor á terra e as raíces ou a España baleirada.

O primeiro programa gravouse no municipio de Nigrán que en 2017 foi arrasado polos incendios. Zahara puido conversar cos seus veciños sobre as terribles consecuencias do lume, pero tamén sobre a solidariedade ou a heroicidade da xente. A cambio, regaloulles as súas cancións. Ademais, este primeiro programa pecha cun concerto do artista coruñés Xoel López no que tamén participa o ilustre veciño de Vigo Iván Ferreiro e a propia Zahara.

Os seguintes episodios serán gravados durante as próximas semanas en Los Alcázares (Murcia) e Cuevas de Cañart (Teruel), onde Zahara contará coa colaboración do grupo Viva Suecia e do cantautor Guitarricadelafuente respectivamente. Xa en Úbeda (Xaén), a súa localidade natal, atoparase con Martí Perarnau para tocar por primeira vez as cancións de Juno, o seu proxecto conxunto.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...