InicioCulturaA coprodución franco chinesa 'Fleur de pavot', gañadora da 13ª edición do...

A coprodución franco chinesa ‘Fleur de pavot’, gañadora da 13ª edición do FIC Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coprodución franco chinesa ‘Fleur de pavot’ alzouse coa ‘Ánfora de ouro’, o premio principal de de o 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que pechou o pasado sábado nove días de actividades nun certame especial polas medidas que obrigaron a adaptar o festival que cada verán acolle a localidade pontevedresa.

A cinta de Baer Xiao foi recoñecida polo xurado do festival na noite do sábado celebrou a gala de clausura. “A idea vén da miña infancia e dos meus soños, e alégrame moito rodala na miña cidade natal”, sinalou, en intervención por videoconferencia, o director de ‘Fleur de pavot’, que ademais da ‘Ánfora de ouro’ –dotada cun premio económico de 2.000 euros– tamén levou o galardón á mellor fotografía.

A ‘Ánfora de prata’ foi a parar á francesa ‘Pota’, cuxa directora Ariane Labed tamén agradeceu desde a distancia o recoñecemento, que neste caso tamén foi dobre pois se fixo co premio na categoría de vestiario. “Significa moito gañar un premio co teu primeiro traballo, así que grazas por permitirme vivir este momento”, dixo Arian Labed no seu vídeo.

O premio do público recaeu en ‘The Present’, unha curto dirixido por Farah Nabulsi, que quixo dedicar o galardón “máis valioso que existe” por proceder dos espectadores ao pobo palestino ante “a absurda e crúa realidade que sofre”.

O Premio R á mellor cortametraxe galega foi para ‘Carne’ de Camila Kater, mentres que o Premio Fundación Novas ao mellor curto español foi para ‘Ca nostra’ de Laia Foguet. Ambas as cintas foron enxalzadas pola guionista Lidia Novo, membro do xurado nacional, que destacou a calidade dos traballos en liza. “O audiovisual do noso país conta cun presente brillante e un futuro prometedor”, destacou.

Na categoría de mellor curto experimental venceu ‘Genius loci’ do francés Adrien Merigeau, mentres que o lituano Laurynas Bareia levou o mellor director por ‘Atkurimas’. Ademais, ‘Massacre’ de Maïté Sonnet fíxose con mellor guión e mellor montaxe; mesmo número de premios que foron parar á sueca ‘N’got att minnas’, recoñecida pola súa música e a dirección artística. En son e maquillaxe, os galardóns leváronos a casa ‘All the fires the Fire’ (Grecia) e ‘The Van’ (Albania/Francia).

Completan o palmarés do FIC Bueu –premios que, como cada ano, foron elaborados por internos do centro penal da Lama– os premios a mellor actores, que foron parar para Oyvind Brandtzæg por ‘The Manila Lover’ no apartado masculino e Svetlana Barandich na categoría feminina pola súa interpretación en ‘Anna’.

ÚLTIMAS

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

As solucións de Caballero para evitar que a AP-9 parta Teis pola metade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio dos "traballos a fondo"...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro...

Os encoros galegos perden catro hectómetros de capacidade nunha semana, mentres setembro rexistra choivas por encima da media

Os encoros de Galicia continúan mostrando niveis estables, a pesar dunha lixeira diminución na...