InicioCulturaVolve o III Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas con...

Volve o III Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas con normativas anti Covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mércores día 5 volve o Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas coa súa III edición. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e Luis Crespo de Teatro do Zurdo e asesor da programación, presentaron esta nova edición na que non faltarán os mellores ingredientes para encher de ilusión as rúas da vila.

O Concello pide a colaboración cidadá pero, nesta ocasión non só para interactuar co espectáculo, se non tamén para o bo desenvolvemento das actividades sendo escrupulosos e rigorosos no cumprimento das normativas de seguridade e sanitarias pola crise do COVID-19. “Este é un festival que convida á participación e á interacción, e podemos seguir sendo cómplices e disfrazarnos e xogar pero, nesta ocasión, mantendo ben as distancias e sempre empregando mascariñas”, explica Cristina F. Davila, concelleira de Eventos e tenente de alcalde.

Nesta edición o público poderá gozar das actividades ou ben nas rúas do percorrido mantendo sempre as distancias ou nos puntos habilitados como escenarios nas prazas ponteareás que se atoparán delimitados e nos que poderemos estar sentados.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...