InicioSociedadeA solidariedade de Elefantes de Papel visita Cangas en defensa da Protectora...

A solidariedade de Elefantes de Papel visita Cangas en defensa da Protectora de animais do Morrazo

PUBLICADO O

Este sábado 16 de xuño ás 20:30h, o libro solidario Elefantes de papel visitará o bar A Checa en Cangas do Morrazo, esta vez a favor da Protectora de animais do Morrazo e Conrazones de A Guarda.
Os Elefantiños están a piques de rematar este periplo que comezou a principios de xaneiro e leva xa na mochila un total de 49 das 52 presentacións que se propuxeron levar a cabo. Coma sempre, doarán un euro por libro vendido á asociación Conrazones e outro, neste caso, á Protectora de animais do Morrazo.
Elefantes de papel naceu coa idea de chegar a todo o mundo, e por iso os seus autores puxéronse en contacto coa ONCE para pasalo a Braille. A maiores das presentacións, visitan centros da terceira idade ou de saúde mental, onde implican aos usuarios na teatralización dalgúns dos relatos previamente adaptados.
Da mesma maneira, organizan charlas e debates en centros de Educación Primaria e Secundaria para concienciar ás novas xeracións sobre a importancia de axudarnos e de ser solidarios.

o libro

- Advertisement -

Elefantes de papel é un compendio de 52 relatos curtos en galego e castelán de temática social: o papel dos avós na sociedade, a pobreza, os refuxiados, a defensa dos animais, etc…

Un euro é doado por cada libro vendido en todas as presentacións á asociación Conrazones de A Guarda e, a maiores, outro euro ao colectivo, ONG ou asociación da localidade onde sexa presentado.

Ata o momento xa colaboraron con eles asociacións tan diversas como Rede de mulleres contra o maltrato, Lápices y Colores, Protectora do Morrazo, Os Biosbardos, Avelaíña, SOS Racismo, Ecolectivon ou STOP Accidentes. Coa totalidade dos cartos recadados ao final da aventura, anunciarán unha sorpresa solidaria na nosa páxina de Facebook.

A comezos de ano embarcáronse neste reto co que pretendían percorrer a xeografía galega a través das 52 presentacións que se propuxeron levar a cabo. Finalmente traspasaron fronteiras e a mediados de maio presentaron en Madrid.

A finalidade de toda esta viaxe non é outra que “tecer redes, axudarnos entre os de abaixo porque si é evidente que non podemos cambiar o mundo, tamén é certo que podemos facer moito por mudar os pequenos mundos que nos rodean“, subliñan os creadores do proxecto.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...