InicioCulturaCoñece o patrimonio tudense a través da rede

Coñece o patrimonio tudense a través da rede

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos. Precisamente, nestes días de corentena, o concello tudense publicou unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento. 

Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde hai información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos. Na Galería atopamos albumes de fotografías do Camiño Portugués, a Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, ou Tui dende o Ceo. 

Na canle de Vimeo do Concello de Tui pódense visionar distintos vídeos coma “Tui, cidade histórica, natural, monumental…”, “Tui, Porta do Camiño”, ou “Ruta Xudía”.

“Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo”, apunta o concello nun comunicado. 

Ademais, lembra que cando remate este período de confinamento, Tui “estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...