InicioCulturaConfinarteconcultura, a nova plataforma da cultura e arte de Vigo

Confinarteconcultura, a nova plataforma da cultura e arte de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo pon en marcha a partir deste venres 27 de marzo unha plataforma cultural ‘en liña’, confinarteconcultura.vigo.org, para reunir e difundir as obras de creadores locais nos días do confinamento decretado para frear a expansión do coronavirus.

Nesta plataforma, os artistas propoñen vídeos coas súas creacións e expresións artísticas. Deberán ser vídeos curtos, gravados en formato horizontal, cun peso máximo de 500 Mb e unha duración máxima de 5 minutos. Ademais, terán que ser pezas (música, teatro, danza, artes plásticas, fotografías, etc.) que fosen creadas durante os días do confinamento.

Con esta iniciativa, explicou Caballero, perséguense tres obxectivos: “confinar” nunha mesma plataforma todas as iniciativas da rede de artistas de Vigo, difundir a creatividade deses artistas, e ofrecer aos cidadáns a oportunidade de ter acceso a contidos culturais exclusivos.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...