InicioCulturaEkaterina Yakovleva, rusa: "Dóeme cando lle din aos nenos que co galego...

Ekaterina Yakovleva, rusa: “Dóeme cando lle din aos nenos que co galego non teñen saídas”

Esta rapaza é tradutora e lingüista e leva case seis anos en Galicia, comezou a aprender o galego xa en San Petersburgo e cando chegou aquí sentiu que estaba coma na casa, aínda que bota en falta escoitar máis o idioma polas rúas. Eis outra das voces da serie 'Chegada: Galicia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A do descubrimento persoal do idioma galego é a súa historia preferida. Ao redor dun café e mais unha infusión, Ekaterina Yakovleva relata cun galego extremadamente coidado e unha gheada fermosamente espontánea, como é que chegou ata aquí e como é que fixo tan súa a lingua.

Ela naceu en Rusia, na cidade de San Petersburgo, pero pasou parte da súa infancia en Crimea. Apaixoada polas culturas célticas, axiña deu no mapa con Galicia. De feito, antes de viaxar aquí e coñecer o país de primeira man, ela xa aprendera o galego durante ben tempo na propia Rusia. “Tiña clases preto da miña casa de catalán os sábados e de galego os mércores. E dixen: ‘Buf! Os sábados non vou!'”, conta a risas. Así que, por fortuna para nós, quedou co galego. Pouco a pouco e grazas á súa profesora, foise achegando á cultura que rodeaba toda aquela lingua que tanto prendía dela. 

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...

Buscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o pasado martes

A asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición, en Vigo, de María Milagres...