InicioCulturaComo adaptar o Halloween das películas de Hollywood sen perder as...

Como adaptar o Halloween das películas de Hollywood sen perder as vellas tradicións galegas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ata hai pouco máis de cinco anos, cando se achegaba o primeiro día de novembro, as crianzas de moitas escolas bulían para coller as castañas máis grandes e levalas ao colexio. Alí, no común, mestres e mestras, nenos e nenas, asábanas e comían nelas. Era a tradición que cumpría para aquel día. Pouco a pouco as castañas foron mudando por outro tipo de elementos decorativos: arañas, cabazas, caveiras… Unha volta de folla. Estoutra celebración á que chamamos Samaín xurdiu co gallo de recuperar as nosas tradicións celtas máis antergas. Mais… Canto de Samaín celta ten o Samaín que festexamos hoxe en día? Canto do Halloween americano? E se o verdadeiro Samaín é o Magosto de toda a vida? E se estamos aquí, cambiando castañas por caveiras, sen moito xeito?

Na ANPA do Colexio Paraixal (Teis, Vigo), decidiron celebrar un Magosto ao uso. “Celebrar o Samaín – tal e como está deseñado na actualidade – parecíanos repetir un entroido en novembro”, conta a súa presidenta, Rute Pallares. Daquela, a ANPA organizou o Magosto ambiental, unha actividade vinculada ao coidado do medio ambiente. As crianzas saen limpar o monte e recoller castañas para logo asalas e comelas.

Con todo, dende o colexio si que se acordou celebrar unha “mistura” de Halloween e Samaín. “O resultado? A rapazada ten un rollo entre unha cousa e outra. Non podemos deixar en man da voluntariedade a recuperación das tradicións e a educación das crianzas”. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

As patronais do metal plantan a negociación en Pontevedra ante unha protesta sindical en Vigo

As patronais do sector do metal (Asime, Atra e Instalectra) decidiron non acudir á...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...