InicioCulturaMáis de medio millón de asistentes nos concertos de verán en Vigo,...

Máis de medio millón de asistentes nos concertos de verán en Vigo, segundo o Concello

Oevento que congregou máis público foi a actuación, o pasado 1 de agosto, do grupo Thirty Seconds to Mars.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concertos celebrados nas festas de verán en Vigo tiveron máis de medio millón de asistentes, segundo o Concello. O alcalde, Abel Caballero, cualificou como “de longo, as mellores da historia da cidade”.

O rexedor sinalou que, entre todos os concertos (incluíndo os espectáculos para público infantil), máis de 500.000 persoas pasaron polo Auditorio de Castrelos.

Así, o evento que congregou máis público foi a actuación, o pasado 1 de agosto, do grupo liderado polo polifacético Jared Leto, Thirty Seconds to Mars, do que gozaron unhas 65.000 persoas, segundo os datos trasladados por Caballero.

A actuación de Lauryn Hill reuniu a unhas 30.000 persoas no emblemático auditorio, unha cifra nada despreciable.

Ante este balance, o alcalde de Vigo mostrouse “moi satisfeito”, e subliñou tamén a “calidade musical” dos concertos. O ano que vén, avanzou, a cidade gozará dunha ducia de grandes actuacións.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...