InicioCulturaPatricia Moon: "Non me importan as modas, fago o que me dá...

Patricia Moon: “Non me importan as modas, fago o que me dá a gana”

Esta semana poderémola ver no Festival de Cans, tanto como xurado do certame de clips como nun concerto no que presentará o seu novo traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cantante, compositora, violinista e pianista, ademais de xestora cultural. Licenciada en violin e canto lírico. Formada no prestixioso Berklee College of Music (Boston, EEUU), foi violinista do músico británico Matt Elliott ademas de colaborar con artistas internacionais como The Posies, Ken Stringfellow ( REM, Big Star) e nacionais como Los Piratas e Siniestro Total. Formou o proxecto “Amy Winehouse Experience” xunto a Robin Banerjee, guitarrista orixinal da banda de Amy Winehouse. unha homenaxe á diva do soul, así como Ramonas On Tour, proxecto que dirixe e lidera cuxo obxectivo é a visibilización da muller a través da industria cultural. Baixo o nome de Patricia Moon editou tres álbums: Rock & Love, Oxytocin e Patricia Moon.

Tocou en festivais tan importantes como Primavera Sound ou Intercéltico de Lorient e en salas de referencia como a Philarmonie de Berlín ou Congress Hall de Pequín, e participou como membro de xurado de clips no Festival de cinema de Medina del Campo.

Esta semana poderémola ver no Festival de Cans, tanto como xurado do certame de clips no festival de Cans como actuando na Fundación Sgae-Cans Voulevar.

Patricia Moon / @ Miguel Núñez

Como definiría o seu estilo musical?

O meu estilo musical é xenuíno, un estilo ecléctico onde estilos como o rock, o soul e o tratamento da música clásica teñen cabida. Sempre fun e son fiel ao meu estilo, non me importan as modas, fago o que me dá a gana, o que sinto, e iso éncheme a alma. Como plasmo no meu tema Liberdade do meu último traballo Rock & Love: a liberdade é o último que un debe perder.

Como é o seu terceiro disco?

É o meu disco máis soberbio. Graveino en Buenos Aires, con Álvaro Villagra, o técnico de son que gravou a Santana o seu Supernatural, co que gañou varios Grammys. Segue un pouco a liña do rock-soul. Neste disco novo tamén canto temas en castelán, algo que non fixen ata agora, pero estou contenta co resultado.

Ademais de participar como xurado no certame de clips do Festival de Cans, estará a tocar este sábado 25 dentro do marco do festival, na Fundación SGAE – Voulevar ás 18:30 h. Que escoitará o público?

Van escoitar o meu disco novo, Rock & Love. No repertorio tamén inclúo un par de versións de Amy Winehouse. Teño un proxecto, que é unha homenaxe a Amy Winehouse, que formei con Robin Banerjee, guitarrista orixinal da banda de Amy Winehouse. Na banda somos cinco músicos. Eu estou coa voz, piano e violín, David Shooting Star, a guitarra; Rubén o baixo; George Nolan Stardust a batería e Jorge Blue Star o saxo. En Cans imos cun concerto moi íntimo e máxico, eu vou coa voz, teclados e violín e David coa guitarra. Vai ser un concerto electroacústico. Será a primeira vez que toquemos no Festival de Cans. Espero que a xente se anime e o vaia ver.

Como foi o impacto do grupo As Ramonas que vostede creou para reinvindicar a loita das mulleres?

As Ramonas on Tour somos un grupo de mozas que vai facer bailar á xente con cancións de rock e funk e eríxese como unha homenaxe ás mulleres: desde Wanda Jackson pasando por Blondie, Amy Winehouse e ata Patricia Moon! (risas). É un proxecto que fixemos coa Deputación de Pontevedra e estamos moi agradecidas, está a funcionar a lume de biqueira. Está concibido a modo de camión itinerante que naceu coa idea de levalo pola provincia. O proxecto comprende non só música, senón tamén talleres sobre a igualdade e relacións toxicas, relatorios, etc. O obxectivo último é reivindicar o papel da muller no mundo da música, especialmente das instrumentistas na música moderna.

Aínda hai moito machismo na industria musical?

Si, claro que o hai. Por sorte, cada vez se está reducindo. Agora hai máis mulleres en festivais, aínda que a presenza segue sendo unha merda, pero a estatística está a mellorar. Precisamente con Ramonas on Tour queremos dar visibilidade e demostrar que as músicas estamos, apoiámonos e existimos.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...