InicioCulturaAbel Caballero lembra a súa faceta de escritor no Día do Libro

Abel Caballero lembra a súa faceta de escritor no Día do Libro

O rexedor doa unha das súas novelas para un 'bookcrossing' e outra a unha biblioteca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes nos actos con motivo do Día do Libro, doando un exemplar dunha das súas novelas para participar nun ‘bookcrossing’ e cedendo outra á biblioteca pública Juan Compañel.

Así, o rexedor entregou o seu libro ‘La elipse templaria’ no museo Marco para que forme parte dos exemplares que se deixarán en varios puntos da cidade, co fin de que calquera persoa poida ‘adoptalos’ e, tras lelos, volver deixalos nalgunha biblioteca.

Segundo explicou Abel Caballero, escribiu esta novela histórica, ambientada na Galicia dos séculos XIII e XIV, “en só 30 días, escribindo sen parar“, e unha amiga súa “experta en literatura”, animouno a publicala tras constatar que “era moi boa”.

Por outra banda, o alcalde avanzou que entregará na biblioteca Juan Compañel un exemplar doutra das súas novelas, ‘La puerta amarilla, a petición da propia directora da biblioteca, porque “un lector a pediu”.

Ademais destes dous libros, Abel Caballero publicou as novelas ‘El hombre que tenía miedo al mar’ (2003) e ‘El invierno das almas desterradas’ (2004).

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...