InicioCulturaO artista británico Roger Hodgson súmase aos artistas que actuarán este verán...

O artista británico Roger Hodgson súmase aos artistas que actuarán este verán en Vigo

PUBLICADO O

O artista británico Roger Hodgson actuará o próximo 29 de xullo no parque vigués de Castrelos, un concerto para o que as entradas da zona máis próxima ao escenario oscilarán entre os 5 e os 10 euros.

Así o avanzou este mércores en rolda de prensa o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, que lembrou que os asistentes que non desexen acceder á parte cercada do recinto poderán gozar da interpretación de modo gratuíto na zona das bancadas.

Roger Hodgson (Portsmouth, 1950) é un artista británico que fundou, xunto a Rick Davies, a banda de rock Supertramp, da que formou parte ata o ano 1983. Posteriormente, iniciou a súa carreira en solitario coa publicación do seu álbum ‘In the Eye of the Storm’, ao que lle seguiron outro tres recompilatorios.

Este concerto súmase aos xa anunciados polo rexedor vigués, o da rapera estadounidense Lauryn Hill, que terá lugar o próximo 17 de xullo no Parque de Castrelos, e o do artista británico Tom Jones, que se celebrará no mesmo lugar o día 23.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...