InicioCulturaO Reggaeton Beach Festival cancela todos os seus festivais, incluído o de...

O Reggaeton Beach Festival cancela todos os seus festivais, incluído o de Nigrán, por problemas económicos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Reggaeton Beach Festival (RBF) comunicou este xoves a cancelación da totalidade da xira prevista para o verán de 2026, que incluia parada en Nigrán (Pontevedra), e o cesamento das súas operacións, ao constatar que “a estrutura operativa e financeira da compañía xa non permite afrontar coas garantías necesarias a organización e desenvolvemento dunha xira destas dimensións”.

Nun comunicado, a organización explicou que a decisión foi adoptada pola dirección do festival tras analizar a situación global do proxecto. A nova administración da sociedade xestora sinalou que, tras revisar a situación da empresa, constatou a existencia de circunstancias económicas, financeiras e operativas que afectan de forma significativa á viabilidade do proxecto.

“Como consecuencia desta situación, a sociedade non se atopa en disposición de continuar coa xira de 2026 nin de manter a actividade operativa necesaria para celebrar os eventos previstos“, asegura a organización, que insiste que, a pesar da “gran acollida desta edición”, a situación actual “fai imposible seguir adiante coa xira 2026”.

Os festivais cancelados íanse a celebrar en Alacante, Tenerife, Barcelona, Madrid, Mallorca, Santander e Nigrán. A organización recoñeceu a “decepción” e as consecuencias que a cancelación terá para asistentes, artistas, institucións, patrocinadores, provedores e colaboradores que depositaran a súa confianza na edición de 2026.RBF indicou que actualmente se atopa xestionando as consecuencias económicas, contractuais e administrativas derivadas desta situación e avanzou que, nos próximos días, comunicará a través das súas canles oficiais as instrucións e procedementos dirixidos aos distintos colectivos afectados.

A pesar deste difícil desenlace, a organización quere expresar o seu agradecemento á comunidade que fixo posible o crecemento de Reggaeton Beach Festival e pedir desculpas polo impacto que esta situación poida xerar. Durante oito anos, RBF formou parte da historia recente da música urbana en España e Europa. Quedamos co recordo de miles de momentos compartidos, coa enerxía dun público extraordinario e co orgullo de contribuír ao crecemento dunha cultura musical que hoxe forma parte do panorama global”, conclúe o comunicado.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...