InicioCulturaA escultura 'A Mestra' de Nogueira, en Bouzas, por fin, protexida

A escultura ‘A Mestra’ de Nogueira, en Bouzas, por fin, protexida

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a resolución pola que se acorda anotar no censo do patrimonio cultural de Galicia o grupo escultórico ‘A Mestra’ de Camilo Nogueira, situado sobre unha base cadrada con un caño de auga na rúa Simancas, no barrio vigues de Bouzas.

A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece que os bens e manifestacións do patrimonio cultural, mentres non sexan declarados BC ou catalogados, deben incluírse no censo para a súa documentación, estudo, investigación e difusión dos seus valores. No caso desta escultura, trátase dunha obra do artista vigués Camilo Nogueira, composta por unha figura feminina, de maior altura, rodeada por un grupo de figuras infantís. Representa unha mestra de escola que sinala o libro dun dos seus alumnos mentres acaricia outro neno.

Os servizos de inventario da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural redactaron un informe no que propoñen incluir esta obra, realizada en granito, no censo do patrimonio cultural.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...