InicioCulturaIván Ferreiro actuará en Castrelos o 15 de agosto tras anos de...

Iván Ferreiro actuará en Castrelos o 15 de agosto tras anos de peticións do público

Abel Caballero anuncia o concerto do músico vigués no auditorio ao aire libre e destaca que “moita xente levaba tempo pedindo que estivese no programa”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante galego Iván Ferreiro actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo 15 de agosto, segundo anunciou este martes o alcalde da cidade, Abel Caballero, nun audio remitido aos medios de comunicación. O rexedor destacou a figura do “gran Iván Ferreiro”, ao que definiu como un artista “extraordinario” seguido por miles de persoas.

Caballero explicou que tiña “un especial interese” en que o músico vigués formase parte da programación de concertos de Castrelos, un dos escenarios máis emblemáticos do verán na cidade. Segundo indicou, moitos cidadáns levaban tempo reclamando a presenza de Iván Ferreiro no auditorio, algo que, segundo dixo, lle trasladaron en numerosas ocasións. Con este anuncio, o artista súmase á lista de actuacións previstas para este verán en Castrelos, un ciclo de concertos que cada ano reúne a miles de persoas no parque vigués.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...