InicioCulturaA Xunta di que en “breve” tamén haberá sinalización en galego no...

A Xunta di que en “breve” tamén haberá sinalización en galego no Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou este venres que a Xunta tentará solucionar “en breve” o problema da falta de sinalización en galego no complexo hospitalario do Álvaro Cunqueiro tal e como denunciou hai unhas semanas a Irmandade Sanitaria Galega (ISAGA).

O ISAGA denunciara a desaparición do galego en varios ámbitos do hospital. Así, no aparcadoiro o idioma do sistema mecanizado é o castelán, tamén nos ascensores e mesmo os impresos para as citas e consultas que expiden as máquinas así como os resultados analíticos están escritos exclusivamente en castelán.

Ademais, o persoal que atende e informa aos usuarios nos mostradores utiliza sempre o castelán aínda que o usuario se dirixa a eles en galego. A estes feitos cómpre engadir que a historia clínica e a prescrición electrónica están programadas para usar de xeito preferente o castelán e non o galego. “Por suposto, as autoridades sanitarias tamén fan deixación da súa obriga con respecto ao idioma: o Conselleiro e os numerosos altos cargos do Sergas utilizan a cotío o castelán nas súas intervencións públicas”, sinala esta entidade.

En Comisión parlamentaria e, en resposta á pregunta do grupo parlamentario de En Marea sobre incumprimentos da normativa sobre o galego no hospital vigués, García comprometeu que “en breve” se solucionarán algúns dos temas reclamados e denunciados.

En concreto, avanzou que está previsto modificar a sinalización do aparcadoiro, para que figure tamén en galego e que tanto a empresa concesionaria do aparcadoiro como a responsable dos ascensores están a actualizar o seu software para que tamén se inclúa o idioma galego.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...