InicioCulturaDenuncian a eliminación do galego no Hospital Álvaro Cunqueiro

Denuncian a eliminación do galego no Hospital Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende fomentar o uso do galego no ámbito sanitaro, denuncia o “proceso de eliminación do idioma galego” que está a realizar a Consellería de Sanidade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Non estaría moi satisfeito Álvaro Cunqueiro se puidese observar o que está a suceder coa lingua galega no hospital  que leva o seu nome”, lamenta.

O ISAGA denuncia a desaparición do galego en varios ámbitos do hospital. Así, no aparcadoiro o idioma do sistema mecanizado é o castelán, tamén nos ascensores e mesmo os impresos para as citas e consultas que expiden as máquinas así como os resultados analíticos están escritos exclusivamente en castelán.

Ademais, o persoal que atende e informa aos usuarios nos mostradores utiliza sempre o castelán aínda que o usuario se dirixa a eles en galego. A estes feitos cómpre engadir que a historia clínica e a prescrición electrónica están programadas para usar de xeito preferente o castelán e non o galego. “Por suposto, as autoridades sanitarias tamén fan deixación da súa obriga con respecto ao idioma: o Conselleiro e os numerosos altos cargos do Sergas utilizan a cotío o castelán nas súas intervencións públicas”, sinala esta entidade.

Valedor do Pobo

De feito, esta situación xa chegou ao Valedor do Pobo a través dunha queixa. Pero a súa resposta, lonxe de tranquilizar a esta entidade, revolucionouna. Na vez de reclamar á Consellería de Sanidade o cumprimento da norma e o respecto da lei, o organismo de defensa dos dereitos dos cidadáns utiliza argumentos exculpatorios como que o aparcadoiro está xestionado por unha empresa privada, o software das máquinas é instalado polo fabricante no idioma que el elixe ou que as analíticas están feitas e informadas por unha empresa multinaciona.

“Resulta bochornoso e inxustificable que unha institución creada para a defensa do cidadán e dos seus dereitos actúe con esta complicidade coa Xerencia do hospital e a Consellería de Sanidade, que vulneran claramente a Lei de Normalización da Lingua”, denuncia o ISAGA.

O ISAGA lembra que a Lei de Normalización Lingüística recoñece  o galego como lingua oficial das institucións e da Administración, pero isto parece non importar neste e noutros hospitais. Din que todo o sistema sanitario galego está a padecer un progresivo descenso no uso do noso idioma na práctica asistencial. Por iso, reclaman da Xunta que impulse e potencie o idoma propio na súa rede sanitaria e que o Valedor rectifique e “actúe con firmeza”.

ÚLTIMAS

Unha persoa detida nun operativo antidrogas na contorna da rúa Aragón en Vigo

Polo menos unha persoa foi detida nun operativo antidrogas desenvolvido por axentes da Policía...

O Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para tratar a hemofilia B

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi o primeiro de España en aplicar, este mércores, a...

Caballero celebra a aposta do Goberno por Sparc: “Xa temos luz verde para a fábrica de microchips”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a asignación de 17,2 millóns...

Protestas en Beade despois de tres días sen auga: “Con esta calor, non ducharse é noxento”

Veciños da parroquia viguesa de Beade denunciaron a situación que viven tras estar desde...