InicioCulturaRomería, rodada en Vigo, seleccionada para representar a España nos Óscar

Romería, rodada en Vigo, seleccionada para representar a España nos Óscar

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘Sirat’, de Óliver Laxe, ‘Romería’, de Carla Simón e ‘Sorda’, de Eva Libertad, foron as tres películas seleccionadas para optar a representar a España na próxima edición dos Óscar, o número 98, na categoría de Mellor Película Internacional.

Así, dúas películas con raíces galegas — ‘Romaría’ rodouse en Vigo e Pontevedra, entre outras localizacións — están na terna para acudir ao Dolby Theatre de Los Ángeles o próximo ano a recoller unha figura. O próximo 17 de setembro anunciarase a película que finalmente representará a España nos premios da Academia de Hollywood.

A actriz Emma Suárez (gañadora ata en dúas ocasións do Goya a Mellor Actriz protagonista por ‘O can do hortelano’ e ‘Julieta’) e o actor Juan Diego Botto (nomeado en varias ocasións), membros tanto da Academia española como da de Hollywood, foron os encargados de anunciar o tres películas preseleccionadas, acompañados polo presidente da Academia Fernando Méndez-Leite e a notaria Eva Fernández Medina.

ÚLTIMAS

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...