InicioCulturaA primeira película do director vigués David Hernández sae premiada do Festival...

A primeira película do director vigués David Hernández sae premiada do Festival de Xixón

Nestes días, 'La felicidad de los perros' compite en Madrid e está dispoñible on line de forma gratuíta ata o 30 de novembro.

PUBLICADO O

‘La felicidad de los perros’, ópera prima de David Hernández, director de cinema vigués que competía na 56º edición do Festival de Cinema de Xixón (FICX), vén de recibir o premio DCP Deluxe outorgado polo xurado de cinema español.

A película tivo a súa estrea mundial neste festival e competía dentro da sección Rellumes. Este é a primeira distinción que recibe a película e para o seu director “é un premio moi importante, que nos enche de felicidade, porque é unha pequena recompensa ao traballo de todo o equipo durante todos estes anos de produción da película”.

O actor protagonista (Fran Paredes) e unha parte do equipo estiveron en Xixón durante a celebración do festival acompañando ao seu director nos diferentes pases que tivo a longametraxe.

A acollida por parte do público foi moi boa e en palabras de David Hernández: “É moi gratificante poder participar nos coloquios co público que se establecen ao finalizar o pase da película, porque a través dos seus comentarios e preguntas entendes mellor o traballo que fixeches, é coma se a produción terminase realmente nese momento, establécense conexións moi intensas ao falar directamente cos espectadores”.

Rodaxe de ‘La felicidad de los perros’ / Adarme Visual

Outros realizadores galegos tamén foron galardoados no festival, “ Hamada”, de Eloy Domínguez Serén, obtivo o premio á mellor película española estreada en seccións competitivas e “ Arima” de Jaione Camborda o premio DCP DeluxeWork- in- progress.

“La felicidad de los perros” está a competir actualmente na Sección Oficial do Festival de Cinema Márgenes (Madrid) e pode verse online ata o 30 de novembro na web do festival .

A primeira longametraxe do cineasta vigués é un drama que ten como protagonista a César, un home en paro, que se sinte atrapado nun mundo que non lle dá ningunha oportunidade e ante o cal decide cambiar o rumbo da súa vida.

O papel principal está encarnado por Fran Paredes, actor moañés, cunha longa traxectoria en teatro e televisión e para o cal é o seu primeiro papel protagonista nunha longametraxe. A repartición complétase cos actores galegos Deborah Vukusic, Santi Prego, Isabel Naveira e Mariana Carballal.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...