InicioCulturaO festival de Cans 2025 arrinca coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza

O festival de Cans 2025 arrinca coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza

A XXII edición do Festival de Cans arrinca este martes na aldea do Porriño coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XXII edición do Festival de Cans arrinca este martes na aldea do Porriño coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza. A programación inclúe a proxección de 120 obras, das que 40 son estreas en Galicia. Moitas delas, apuntan nun comunicado, están marcadas por temáticas como o despoboamento, a memoria ou a identidade rural.

Así, pasarán polo festival novas voces do audiovisual galego e cineastas xa consagrados como Alfonso Zarauza, que recollerá o Premio Pedigree de Honra de Cans, Ángeles Huerta, Xacio Baño, Anxos Fazáns, Xiana do Teixeiro ou Daniel Sánchez Arévalo, que protagonizará o coloquio cnetral no Torreiro o sábado ás 12.00 horas, entre outros.

A primeira xornada do festival comezará este martes ás 10.00 horas coa apertura da exposición ‘Cans senior’ no Centro de Día de Torneiros e a inauguración da rúa efémera á cineasta pioneira galega Cruz Risco, coa asistencia da actriz Isabel Risco, familiar da cineasta, e o investigador Xaime Varela, que protagonizarán un coloquio no Baixo de Carlos.

A tarde se centará na memoria histórica. Os asistentes poderán participar nunha visita guiada ás 17.00 horas á exposición ‘Reisiño, ou prisioneiro debuxante’, que pon o foco sobre a figura de Alfredo Bautista Alconero ‘Reisiño’ (1912-2000), no 25 aniversario do seu falecemento.

A HISTORIA DUN REPRESALIADO

Reisiño estivo preso catro anos na Illa de San Simón, onde sufriu a represión franquista e debuxaba a outros compañeiros presos no seu tempo libre. Ao redor da figura de ‘Reisiño’, proxectarase o documental ‘Aillados’, de Antón Caeiro, e posteriormente, se visionará en exclusiva as primeiras imaxes inéditas do filme ‘San Simón’, dirixido por Miguel A. Delgado.

Tamén este martes ás 18.00 horas proxectaranse os curtos nos que o cineasta boliviano Alejandro Loayza, ao que o festival dedica a súa retrospectiva, deixou o seu sinal como director de fotografía, e que ao mesmo tempo representan un escaparate de cortometrajistas latinoamericanos actuais. Ademais, o público poderá ver ‘Polvo’ do arxentino Emiliano Longo, ‘Dochera’, do boliviano Álvaro Manzano Zambrana e ‘Aicha’ do cineasta chileno Vinko Tomicic, premiadas en diferentes festivais latinoamericanos.

Este martes será ademais o último día para adquirir entradas en liña e só poderanse comprar fisicamente en Cans os días do festival. Para a sección de Ficción quedan as últimas 30 entradas dispoñibles e para Furacáns, 60.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...