InicioCulturaO Museo do Mar de Galicia difunde o legado de Luísa Villalta...

O Museo do Mar de Galicia difunde o legado de Luísa Villalta cunha mostra do seu legado e traxectoria

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou este luns no Museo do Mar de Galicia, situado en Vigo, a exposición ‘Luísa Villalta. A música dás palabras’, coa que a Xunta pretende seguir difundindo o legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

En concreto, a exposición componse de 14 paneis divulgativos que transportan aos visitantes polos fitos máis importantes da vida e da obra da coruñesa. A eles súmanse seis vitrinas con pezas orixinais relacionadas coa protagonista e un videopoema recitado pola propia creadora, segundo indica o Goberno galego nun comunicado.

“Un repaso que fai moi fácil coñecer e comprender a traxectoria de Luísa Villalta desde moi diversos puntos de vista, desde a súa infancia e a súa etapa universitaria á súa evolución no ámbito musical, os seus primeiros escritos e o seu labor intelectual, activista e docente”, indicou Lorenzo.

A exposición, comisariada por Xesúz Domínguez Doo e enmarcada na programación do CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pode visitarse ata o 25 de agosto no horario habitual de apertura do Museo do Mar de Galicia (martes a domingo e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas).

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...