InicioCulturaSaen á venda o martes 16 as entradas para Sen Senra en...

Saen á venda o martes 16 as entradas para Sen Senra en Castrelos

Haberá 5.000 pases para a platea a 10 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo porá á venda o vindeiro martes, día 16 de xullo, as entradas para o concerto de Sen Senra no auditorio de Castrelos, que se celebrará o 25 de xullo. Tal como informou o alcalde, Abel Caballero, estarán dispoñibles 5.000 pases para a platea, mentres que na bancada todos os asistentes poderán gozar do espectáculo de forma gratuíta.

Custarán 10 euros e venderanse de forma nominal nos despachos de billetes do propio auditorio de Castrelos: 2.000 pola mañá (09.00 horas) e outras 2.000 pola tarde (16.00 horas). Outras 1.000 serán vendidas de forma ‘en liña’ na web do Concello, 500 en horario de mañá e 500 pola tarde. Caballero lembrou que o luns, día 15, saen á venda as entradas para ver a Luís Fonsi en Vigo, que actuará o 23 de xullo.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...