InicioCulturaGozoFest leva a Vigo á canadense Loreena McKennit

GozoFest leva a Vigo á canadense Loreena McKennit

Actúa este mércores coas entradas case esgotadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival GozoFest levará a Vigo este mércores á artista canadense Loreena McKennit, que actuará no Auditorio Mar de Vigo coas entradas case esgotadas. A cantante e compositora canadense é unha das figuras icónicas da música Celta. Os seus máis de 15 millóns de discos vendidos en todo o mundo, con discos de ouro, platino e multiplatino en 15 países convertérona nunha das máximas referencias das últimas décadas.

“A espiritualidade que mostra nos seus traballos de estudo, e sobre todo nos seus directos, fan que cada concerto se converta en algo máxico. Amparada no seu dominio do piano e a arpa entre outros instrumentos, consegue levar ao público a un mundo no que ela é a raíña, deixando momentos únicos”, destacan os organizadores nun comunicado.

No seu espectro musical ademais do protagonismo da música folk de raíces Celtas teñen cabida unha infinidade de sons, ritmos e estilos que foron absorbendo ao longo de moitos anos de viaxes por todo o mundo. Desde a influencia da súa ascendencia escocesa e irlandesa ata os sons mediterráneos e asiáticos, entre outros.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...