InicioCulturaEmpeza este domingo o VigoSaxForum con concertos toda a semana e profesionais...

Empeza este domingo o VigoSaxForum con concertos toda a semana e profesionais como Nicolas Arsenijevic

Este curso de saxofón pretende complementar e enriquecer as múltiples actividades culturais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empeza este domingo, día 30 de xuño, a sexta edición do VigoSaxForum, que ofrecerá durante toda a semana concertos e conferencias de profesionais internacionais da talla de Nicolas Arsenijevic.

Segundo explica a organización, este curso de saxofón pretende complementar e enriquecer as múltiples actividades culturais xa propostas polas diferentes institucións pedagóxicas e artísticas existentes, tales como conservatorios superiores, profesionais ou escolas de música.

O festival, que levará a cabo na escola de música da Unión Musical de Valladares ata o domingo 7, contará cunha programación conformada por concertos, masterclass, conferencias e talleres de improvisación.

Entre os profesores atópanse o francés Nicolas Arsenijevic, do Versailles Conservatory, que xa estivo noutras edicións. Tamén impartirán masterclass o saxofonista portugués Joao Pedro Silva, que á súa vez organiza o FISP Palmela, na zona de Lisboa, un dos festivais máis importantes a nivel europeo, ou o italiano Simone Bellagamba.

Judith Montero, Pablo Sánchez Escariche ou Tomás Alonso tamén participarán nunha das citas do mundo do saxofón máis importantes de Galicia. Este último, é o director do Conservatorio Profesional de Música de Valladares e organizador do evento.

O arranque do VigoSaxForum será este domingo, cun concerto do trío composto por Tomás Alonso, María García e Berta Fresco no auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares a partir das 19.00 horas. Mércores, día 3, será a quenda de Synthèse Quartet, ás 19.00 horas en Valladares. O venres actuará o Ensemble Misxtura con saxofonistas do evento sobre as 19.30 horas.

Sábado 6 ás 20.30 horas, a Unión Musical de Valladares actuará con ata catro solistas convidados, mentres que a clausura do VigoSaxForum será o domingo ás 19.00 horas, na cal actuarán os alumnos do curso.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...