InicioCulturaEste martes arrinca no Teatro Afundación o Festival das Artes Escénicas 2024

Este martes arrinca no Teatro Afundación o Festival das Artes Escénicas 2024

Comezará ás 18.30 horas no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, coa representación do musical 'A pequena serea' a cargo de ACEESCA. A cita continuará o mércores 5 de xuño, ás 18.00 horas, coa representación de 'Unha historia de amor diferente', da man da Fundación Adcor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Afundación e a asociación Special Olympics Galicia pon en marcha este martes unha edición máis do Festival de Artes Escénicas Special Olympics, que comezará ás 18.30 horas no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, coa representación do musical ‘A pequena serea’ a cargo de ACEESCA.

Afundación e a asociación Special Olympics Galicia poñen en marcha este martes unha edición máis do Festival de Artes Escénicas Special Olympics, que comezará ás 18.30 horas no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, coa representación do musical ‘A pequena serea’ a cargo de ACEESCA. A cita continuará o mércores 5 de xuño, ás 18.00 horas, coa representación de ‘Unha historia de amor diferente’, da man da Fundación Adcor. As invitacións gratuítas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Este festival enmárcase na liña estratéxica de impulso social a través tamén da cultura da Obra Social de Abanca, que considera a arte, nas súas diversas manifestacións, como “un potente elemento de inclusión social, xa que favorece a integración e contribúe a romper estereotipos”.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...