InicioCulturaO vigués Carlos Martínez-Peñalver abre este martes a 8ª edición de Novos...

O vigués Carlos Martínez-Peñalver abre este martes a 8ª edición de Novos Cinemas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A 8ª edición do festival Novos Cinemas inaugurarase este martes coa proxección de ‘Á procura da estrela’, primeira longametraxe do vigués Carlos Martínez-Peñalver e que xa foi premiado no festival de cinema alternativo de Barcelona L’Alternativa, no Porto/Post/doc e no certame Entrevues de Francia.

A apertura do festival terá lugar ás 20,30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada gratuíta e, tras a proxección da película, haberá un coloquio co director e parte do equipo do filme. Trátase dunha obra rodada na Serra de Estrela, entre o documental e a ficción, e que xa pasou en 2019 por Novos Cinemas #LAB.

Antes desta proxección, o programa do festival contempla tamén a proxección de pezas do taller que Novos Cinemas realiza en colaboración coa Universidade de Vigo, e impartido polo cineasta Berio Molina. No taller ‘A xogos coa realidade’, celebrado hai uns meses, os participantes buscaron novas maneiras de transformar a realidade a través do cinema, introducindo a cámara en situacións cotiás.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...