InicioCulturaAs primeiras entradas de David Guetta en Vigo esgótanse en minutos, tras...

As primeiras entradas de David Guetta en Vigo esgótanse en minutos, tras colas durante toda a noite

Rexistráronse ata 120.000 dispositivos conectados ao mesmo tempo para tratar de conseguir entradas en liña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As primeiras entradas para o concerto de David Guetta en Vigo esgotáronse en cuestión de minutos, despois de que decenas de persoas fixesen cola durante toda a noite para asegurarse un pase á platea do auditorio de Castrelos.

Tal como informou o alcalde, Abel Caballero, en oito minutos termináronse as 1.250 entradas que se vendían ‘en liña’, mentres que outras tantas presenciais tamén foron despachadas ao longo da mañá porque a xente que fixo cola durante máis de 12 horas.

Caballero asegurou que se rexistraron ata 120.000 dispositivos conectados ao mesmo tempo para tratar de conseguir entradas, polo que o Concello ten unha “excepcional perspectiva” do concerto.

Esta tarde, ás 16.30 horas, sairán ao mercado as últimas 2.500 entradas, a metade de forma presencial e a outra metade na web. O evento será o vindeiro domingo, día 20 de agosto.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...