InicioCulturaSanta Bad Gyal bañou as mareas de fans que a agardaban en...

Santa Bad Gyal bañou as mareas de fans que a agardaban en Castrelos de ‘twerking’

Ante un público de 65.000 persoas, en palabras do propio alcalde, Abel Caballero, 'Fiebre' tumbou o escenario, as gradas e ata a estrada preto do auditorio. Unha auténtica fiebre por esta artista catalana, sen dúbida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A noite de onte foi todo un espectáculo no Parque de Castrelos. Aínda que a artista que actuaba, Bad Gyal, era descoñecida para parte do público máis adulto, miles de mozos e mozas (65.000 en palabras do propio alcalde, Abel Caballero), encheron o auditorio natural chegando deica a estrada. O cheo total non lle debía pares ao conseguido dúas semanas antes por Alejandro Sanz, tal era a afluencia.

Eran as dez menos cuarto da noite cando Abel Caballero, no seu incansable papel de  teloneiro, saltou ao escenario e foi recibido polo público con aclamacións. Asegurou que a idea de levar a Bad Gyal a Castrelos foi idea da xente, pois durante o ano moitos mozos lle pedirán que fichase á catalana para a edición de Vigo en Festas 2023. “Fóchedes vós, e eu cumprín“, decía, para asegurar que no ‘backstage‘ trasladoulle o cariño dos vigueses e viguesas: “Acabolle de dicir que en Vigo querédela máis que en ningún outro lugar do mundo”.

Este alcalde é unha máquina de asegurar votos e aínda que para moitos este tipo de actuacións de cara á galería poidan resultar cómicas, o certo é que lle funcionan e sabe moi ben o que fai. “Estou encantado de veros a todos aquí, sodes o presente e o futuro de Vigo”, berrou entre aclamacións das gradas. E ala, voto asegurado tamén dos máis mozos. Como non votar a un alcalde que cumpre cos seus desexos levándolles concertos de tal magnitude gratuítamente? Pensarán.

Tamén a propia Bad Gyal, nome artistico da cantante e compositora catalana Alba, tivo palabras de agradecemento para todo o público durante o concerto, afirmando que “xa vos vin a todos esperando por min, con sombrillas”, ríase, mentres daba as grazas nun sinceiro xesto tocándose o corazón: “Amóvos”. 

ACTUACIÓN DE BAD GYAL

Non pode poñerse nin un pequeno ‘pero’ a un show que estaba montado pensando en todo. As luces iluminaban a zona de árbores creando un efecto máxico nos momentos máis indicados de cada tema. Os altavoces parecían subir o volume cando era preciso e baixalo nos coros máis populares para escoitar como o público berraba unhas letras que xa case son coñecidas en todo o mundo, e o movemento de traseiro da propia Bad Gyal non deixou indiferente a ninguén. Todo o público entre berros e aplausos víñase cada vez máis arriba a medida que pasaba o espectáculo.

Bad Gyal saltou ao escenario vigués vestida cun top e unha falda moi en tendencia: rosa chicle, a súa cor emblemática e o que podería ser unha clara referencia a exitosa película ‘Barbie’, pois ela sempre se definiu a si mesma como tal: a longa melena rubia, o corpo de boneca e a cara con faccións moi equilibradas. Ademais, as ondas do deseño tamén forman parte das coleccións da tempada de verán que estamos a ver en moitas tendas, como Zara, na actualidade. Para completar o look, unhas botas de ‘cowboy’ que sempre quedan ben e unhas gafas moi para un festival.

‘La Prendo’, ‘Tu eres un bom bom’, ‘Alocao’, ‘Aprendiendo el sexo’, ‘Tremendo Culón’, ‘Sin carné’, ‘El sol me da’ e moitos máis temas foron sucedéndose. Mais, os máis aclamados polo público sen dúbida foron ‘Chulo’ (polo seu novo remix), ‘Que rico’ (polos seus ritmos latinos acorde co momento), ‘Flow 2000’os míticos ‘Hookah’ e ‘Santa María’ (este último puxo un espectáculo de luces enriba do escenario que chegou ata as últimas filas de curiosos asentados na estrada); e, como non, ‘Fiebre’ (canción pola que saltou á fama xa fai uns catro anos, precursora de toda a súa carreira como artista).

Un manexo impecable dos tempos, combinando unha boa voz que non necesitaba de ‘playbacks‘ e un dominio de baile urbano. Ao espectáculo contribuía tamén, sen lugar a dúbidas, o seu corpo de baile, espectacular en todo momento, vivindo cada coreografía como se fose a primeira vez que a realizaban e lle tivesen todas as ganas do mundo. Todo un privilexio poder ver semellante concerto tan ben realizado, mesmo polos operadores de cámara, que sabían onde pinchar a imaxe en cada momento. 

Sen dúbida pódese dicir que este é un dos mellores concertos que un artista convidado ofreceu na edición dos concertos de Castrelos deste ano, e que será difícil de esquecer para tantos e tantos fans da catalana en Vigo (e en moitos outros sitios, pois onte cogregouse público de moi diversas partes da xeografía galega). Próxima parada: Ana Mena, coas entradas xa á venda. 

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...