InicioCulturaO Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura...

O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans recibirá este mércores, día 9 de agosto, o premio Alecrín da Cultura, concedido pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat). Foi a asemblea desta federación, que agrupa a 14 entidades culturais galegas, a que quixo conceder a Cans este premio á Promoción Cultural, valorando a traxectoria do certame no ano no que celebra o seu vixésimo aniversario.

A entrega destes premios terá lugar nun acto que se celebrará no Castelo do concello ourensán de Castro Caldelas, presidido pola alcaldesa da localidade, Sara Inés Veiga. Ao evento acudirá tamén o director do Festival, Alfonso Pato, que recollerá o galardón en nome de toda a organización, segundo explican nun comunicado.

Xunto con Cans, recibirán este premio outras personalidades como a escritora María Xosé Porteiro, en Literatura; o escultor Acisclo Manzano, en Artes, ou o grupo Leilía, en Música, tras anunciar este ano a súa retirada dos escenarios.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...