InicioCulturaMacaco, Natos e Waor, La Pegatina e Lendakaris Mortos encabezan a 20ª...

Macaco, Natos e Waor, La Pegatina e Lendakaris Mortos encabezan a 20ª edición do Son Rías Baixas

As entradas teñen un custo de 30 euros por día ou 60 euros o abono para os tres días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

20ª edición do festival Son Rías Baixas celébrase entre este mércores, 2 de agosto, e o 5 de agosto en Bueu, nunha cita que terá cabezas de cartel como Natos e Waor, Macaco e La Pegatina.

Este festival, que se presentou este luns, contará cun ecléctico cartel que contará coa representación galega de Ortiga e Pili Pamín, Grande Amore, Lamontagne & PicoAmperio ou Lamatumbá, entre outros. Boikot, Lendakaris Mortos e Santa Salut serán outros dos nomes que pasarán por Bueu. Haberá dous escenarios: Fest Galicia e Turismo Rías Baixas.

As entradas por día e abonos (con acceso gratuíto á zona de acampada) están dispoñibles a través da páxina web (www.sonriasbaixas.info). O custe do abono por día é de 30 euros, mentres que para os tres días ascende a 60. O evento conta coa colaboración do Concello de Bueu, a Consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra, entre outros.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...