InicioCulturaMarta Fernańdez-Tapias anuncia a actuación de Duki no Peirao de Transatlánticos de...

Marta Fernańdez-Tapias anuncia a actuación de Duki no Peirao de Transatlánticos de Vigo o 26 de agosto

A delegada territorial da Xunta en Vigo e candidata do PP na cidade fai este anuncio a catro días dos comicios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este mércores un novo concerto dentro da programación cultural promovida polo Goberno galego para o próximo verán, polo que o cantante arxentino Duki e o granadino Saiko actuarán o 26 de agosto no Peirao de Transatlánticos da cidade.

Tal como informou o Executivo autonómico, as entradas sairán á venda “proximamente” e incluirán a actuación do madrileño Reality e do DJ Tony Grox.

“Estamos de novo ante un dos grandes eventos musicais do verán en Vigo, con artistas recoñecidos na escena nacional e mundial. Chegan para dar continuidade ás actuacións de enorme éxito que os dous últimos anos contaron co apoio da Xunta a través do Xacobeo 21-22″, reivindicou Fernández-Tapias.

A Xunta subliñou que Duki é un dos artistas arxentinos máis escoitados no mundo e unha figura “de transcendencia internacional”. Nacido en Buenos Aires, foi nomeado en 2020 aos Latin Grammys. Este mes iniciou a súa xira en Estados Unidos, con concertos en Nova York e Miami.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...