InicioCulturaInauguradas as novas instalacións da escola de deseño Aula D

Inauguradas as novas instalacións da escola de deseño Aula D

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cunha traxectoria de máis de 30 anos impartindo clases de deseño, a escola Aula D comeza unha nova etapa co traslado das súas instalacións ó emblemático edificio Asefal, na rúa Elduayen.

Dende os seus inicios no estudo do deseñador Pedro Román e a directora de arte Marta Villar, e coa incorporación posterior do tamén deseñador Manuel Barreiro Chao, a escola foi sufrindo diferentes transformacións para dar cabida ó alumnado que nestes anos pasou polas súas aulas –máis de 1.000 alumnos– para formarse como profesionais nos ciclos formativos de grao superior de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

Segundo o seu director, Xerardo Pérez Medrano, “con este traslado a escola continúa a súa labor formativa, aportando ademáis un novo espazo aberto que contribúa a dinamizar á actividade cultural que se desenvolve no Casco Vello”.

Este venres tivo lugar o acto de inauguración das novas instalacións, contando coa presenza do alcalde, Abel Caballero, así como de diferentes representantes doutras institucións, empresas e persoeiros da cidade.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...