InicioCulturaConta atrás para a Festa do Viño do Condado do Tea: música,...

Conta atrás para a Festa do Viño do Condado do Tea: música, gastronomía e lecer no recinto amurallado de Salvaterra

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Salvaterra “cheira a viño, cheira a condado”. Empeza a conta atrás para os actos conmemorativos da LIX Festa do Viño do Condado do Tea, unha semana enteira onde se lle rende tributo a un produto moi importante para o municipio.

Nesta edición participarán 28 adegas, que achegarán a Salvaterra e a todos aqueles que decidan visitala, no último fin de semana de agosto, máis de medio centenar de viños.

Festa do Viño do Condado/ Concello de Salvaterra

As actividades arrancan o próximo luns, martes e mércores cos cursos e catas comentadas, onde o eixo central será o propio viño. O luns 20, coa cata comentada de viños brancos da Denominación de Orixe Rías Baixas, o martes 21, coa cata comentada de viños Brandos das diferentes Denominacións de Orixe Galegas, e o mércores 22, coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea.

Festa do Viño do Condado/ Concello de Salvaterra

O Venres 24 terá lugar a inauguración oficial da festa, e a partires dese momento todos aqueles que o desexen “poden desfrutar destes caldos nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra, e sobre todo das súas noites gastronómicas, onde se mestura cultura, historia, música, gastronomía e lecer, algo que fai que esta festa, a Festa do Viño do Condado do Tea, sexa única”, conclúen desde a organización.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...