InicioDan por controlado o incendio de Salvaterra tras arrasar 350 hectáreas

Dan por controlado o incendio de Salvaterra tras arrasar 350 hectáreas

Para o seu control, mobilizáronse ata o momento 12 axentes, 38 brigadas, 23 motobombas, dúas pas e dous helicópteros.

PUBLICADO O

Os dous grandes incendios forestais quedaron controlados nesta madrogada do luns en Galicia logo de arrasar conxuntamente máis de 500 hectáreas. En concreto, o de Salvaterra de Miño, Pontevedra, afecta provisionalmente a unha superficie de 350 hectáreas mentres que o de Folgoso do Courel, en Lugo, leva arrasadas 160.

Así o informa nun comunicado a Consellería do Medio Rural, que indica que o de Salvaterra iniciouse ás 21,51 horas da noite do sábado na parroquia de Uma, aínda que agora tamén afecta os municipios veciños de Mondariz e Covelo. Dada a magnitude deste lume e a súa rápida propagación ao longo da noite, chegouse a declarar a situación 2 ao redor da 1,00 da mañá pola proximidade das chamas ao núcleo de Maceiras, en Salvaterra, e posteriormente aos de Mouriscados, Fontebalán e Crespos, en Mondariz. Con todo, esta medida quedou suspendida ás 7,26 da mañá.

As últimas estimacións de Medio Rural sitúan a superficie queimada por este incendio nunhas 350 hectáreas. Para o seu control, mobilizáronse ata o momento 12 axentes, 38 brigadas, 23 motobombas, dúas pas e dous helicópteros.

Segundo medicións provisionais, o lume de Folgoso do Courel afecta a unha superficie dunhas 160 hectáreas. Ata o momento, mobilizáronse un técnico, 11 axentes, 32 brigadas, 14 motobombas, unha pa, oito avións e dous helicópteros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...