InicioCulturaIrlanda e Galicia, unidas por unha alfombra floral

Irlanda e Galicia, unidas por unha alfombra floral

Estudantes irlandeses coñecen a vella tradición floral de Ponteareas, mentres que ensinan aos galegos as artes do fútbol gaélico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Tuia, fiuncho, coca de eucalipto, casca de arroz, caraveis ou queiroa son algúns dos materiais naturais que deixaron o seu arrecendo na mans de estudantes ponteareáns e irlandeses.  Xuntos participaron este mércores nun obradoiro impartido por alfombristas de Ponteareas no que ademais de coñecer os materiais naturais que se empregan introducíronse na técnica de alfombrar ao xenuino estilo “Ponteareas”.

Tratábase de quince alumnos e alumnas irlandeses que un ano máis visitan Ponteareas dentro do programa ERASMUS. A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández Dávila, trasladoulle ao alumnado a importancia social e turística do Corpus e as actividades que se desenvolven no marco destas festas.

Co obxectivo de promocionar a nosa arte efímera única no mundo polo seu sentir e pola súa longa tradición, a concelleira, que tamén é alfombrista colaborou na confeción desta alfombra na que se reproducía o escudo das dúas cidades.

Os estudantes galegos e irlandeses tamén participaron nun partido de fútbol gaélico no que os de Tuam amosaron parte das súas tradicións deportivas aos de Ponteareas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...