InicioPolíticaO goberno de Ponteareas recrimina a "neglixencia" da Xunta tralo atropelo mortal...

O goberno de Ponteareas recrimina a “neglixencia” da Xunta tralo atropelo mortal dunha veciña

PUBLICADO O

O goberno de Ponteareas lamentou publicamente o fatal suceso da mañá deste martes, cando unha veciña morreu nun atropelo acontecido na estrada PO-403 en Angoares á altura do cruce dunha superficie comercial, e ademais recrimina á Xunta non ter adoptado as medidas pertinentes nestes vinte anos de demandas veciñais.

Segundo o goberno, “lamentablemente este é un exemplo dos moitos motivos que levaron durante estes anos á veciñanza a demandar urxentemente melloras na seguridade viaria que agora, unha vez máis, pedimos a Xunta que estude”.

Para o Alcalde de Ponteareas, “a veciñanza de Moreira e Angoares e todos os que transitan esa zona están expostos a un constante perigo pola falla de seguridade viaira dende que hai vinte anos se abríu este enlace coa autovía que provoca unha alta concentración de tráfico rodado”.

O goberno de Ponteareas, consciente desta situación de perigosidade, aprobou en Pleno modificar o proxecto de reforma da estrada da Xunta PO-403, considerando as demandas dos veciños de Angoares. Precisamente, dentro dese documento, recollíanse actuacións que incidían no tramo onde se produciu o accidente, como establecer medidas de redución efectiva da velocidade nos treitos rectos e de pendente, como foi o do accidente mortal, ou mellorar as zonas de pasos de peóns.

“O proxecto da PO-403 presentado pola Xunta non soluciona estes graves problemas de seguridade que se arrastran dende hai vinte anos e rexeitaron as propostas da Corporación de Ponteareas no Parlamento Galego”, denunciou o Alcalde.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, lamenta este terrible accidente e adianta que se porá en contacto inmediato co delegado da Xunta en Pontevedra.

ÚLTIMAS

Multas de máis de 88.000 euros para tres navieras que monopolizaban o transporte e reservas no cámping das Ons

A Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo confirmou as multas impostas de máis de...

Luis Fonsi actuará en Castrelos o 23 de xullo

O cantante portorriqueño Luis Fonsi súmase ao cartel de concertos do verán no Auditorio de Castrelos...

Abel Caballero confirma que a reforma da Avenida de Madrid comezará o ano que vén, tras o Nadal

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para...

O TSXG rebaixa a oito meses de cárcere a condena a unha enfermeira de Vigo por intoxicar con fármacos á súa filla

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a...