InicioMedio Ambiente e PatrimonioInaugurado con éxito o Centro de Interpretación do río Tea

Inaugurado con éxito o Centro de Interpretación do río Tea

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Ponteareas vén de destacar a boa acollida que tivo entre a veciñanza a apertura do Centro de Interpretación do Tea ubicado no centro cultural de Fozara. Ao acto inaugural foron moitos os que asistiron tanto da propia parroquia como do resto de Ponteareas, así como membros do goberno e dos distitos grupos da corporación.

Tanto no roteiro guiado por unha técnica en medio ambiente como no propio acto
inaugural houbo unha alta asistencia e todos os participantes puideron desfrutar dunha xornada informativa e entretida na que coñeceron o patrimonio histórico, natural e etnográfico das beiras do Tea.

A oficina virtual está aberta 24 horas e todos os que se acheguen poden atopar a información no panel interactivo. Todos os domingos en horario de mañá un técnico en medio ambiente ou un técnico en turismo atenderá aos visitantes.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...