InicioPolíticaO BNG acusa ao PP de castigar aos veciños de Ponteareas e...

O BNG acusa ao PP de castigar aos veciños de Ponteareas e Salvaterra co abandono da PO 403

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG, a través do Deputado Luís Bará, defendeu no Parlamento Galego as iniciativas
consensuadas coa veciñanza para a mellora da seguridade viaria na estrada PO 403
que une Ponteareas con Salvaterra.

Segundo o Bloque, “o PP burlouse unha vez máis das veciñas e veciños de Ponteareas ao votar en contra da proposta para mellorar o alumeado, incluír beirarrúas ou establecer medidas de redución de velocidade para esta estrada pola que pasan cada día milleiros de vehículos”.

Luís Bará sinalou a idoneidade de que esta obra se complemente coa circunvalación, que reduciría o paso de vehículos e camións de gran tonelaxe. O Deputado do BNG lembrou que “en maio de 2015, en plena campaña electoral, asinouse un protocolo entre Concello, Xunta e Ministerio de Fomento para elaborar a circunvalación, no que a Xunta se comprometía a redactar o proxecto. Como os veciños desaloxaron da alcaldía ao PP, nestes tres anos non moveron nin un papel para que Ponteareas conte coa
circunvalación, castigando así ás veciñas e veciños”.

Así mesmo, o deputado do BNG sinalou “a falta de respecto institucional da Xunta de
Galiza”. Segundo Bará, “o normal nun proxecto destas características sería que o
goberno da Xunta dialogase co goberno de Represas para acordar as actuacións a
realizar en función das necesidades da veciñanza. Pero a Xunta non contou en ningún
momento co goberno local nin coas veciñas e veciños para elaborar o proxecto, e o
que fixeron foi reunirse co portavoz do PP de Ponteareas para anunciar que ían
publicar este proxecto”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...